Home / Uncategorized / CineClube Liceo de Noia | La grande bellezza
CineClube Liceo de Noia | La grande bellezza

CineClube Liceo de Noia | La grande bellezza

En Roma, durante o verán, nobres decadentes, arribistas, políticos, criminais de altos voos, xornalistas, actores, prelados, artistas e intelectuais tecen unha trama de relacións inconsistentes que se desenvolven en fastosos pazos e vilas. O centro de todas as reunións é Jep Gambardella (Toni Servillo), un escritor de 65 anos que escribiu un só libro e practica o periodismo. Dominado pola indolencia e o fastío, asiste a este desfile de personaxes poderosos pero insubstanciais, ocos e deprimentes.

Esta é a sinopse de «La grande bellezza», o filme de Paolo Sorrentino que proxectaremos no Cine clube Liceo de Noia este venres ás 22:00h.

Colaboración: 3€

«La grande bellezza» – Trailer en español

Comments are closed.

Scroll To Top