Home / Uncategorized / Terraceo no Liceo
Terraceo no Liceo

Terraceo no Liceo

O Liceo vai dando pasos nesta «nova normalidade» na súa actividade, e así, elaboramos unha programación de eventos, o TERRACEO NO LICEO, na que contaremos con diferentes artistas do campo do humor, a música, e que contará cun PROTOCOLO DE SEGURIDADE elaborado para tal fin, e que podedes consultar na web do Liceo.

Comezamos da mellor maneira posible: Pedro Brandariz e David Perdomo!!

Para poder asistir a ditos eventos é IMPRESCINDIBLE a RESERVA PREVIA na conserxería.
Aquí tendes un resumo no referente a aforo e reservas:

· AFORO LIMITADO
· RESERVAS NO TELÉFONO 981 820535

· MESAS DE MÁXIMO 4 PERSOAS: NON SE PODERÁN MODIFICAR NIN A SITUACIÓN NIN A CAPACIDADE DAS MESMAS.
· MEDIA HORA ANTES DA FUNCIÓN A TERRAZA DEBERÁ ESTAR DESALOXADA PARA PROCEDER Á SÚA DESINFECCIÓN E PERMANECERÁ PECHADA ATA MEDIA HORA DESPOIS DA FINALIZACIÓN DO ESPECTÁCULO PARA PROCEDER Á SÚA RECOLLIDA E DESINFECCIÓN.

DISFRUTA TRANQUILO E SEGURO NA NOSA SOCIEDADE!!

terraceo

Comments are closed.

Scroll To Top