Home / Uncategorized / Master Class con Alberto Chicote
Master Class con Alberto Chicote

Master Class con Alberto Chicote

QUERES VER A CHICOTE EN DIRECTO?
Os socios interesados en asistir á Master Class que ofrecerá o cociñeiro Alberto Chicote no marco das II Xornadas de Exaltación do Berberecho o vindeiro Xoves 23 de Novembro ás 18:00h no Salón de Actos da Sociedade Liceo, poden participar nun sorteo para conseguir unha invitación doble.
Para participar deberán de cubrir una papeleta cos seus datos que será introducida nunha urna na conserxería. Sólo se permitirá unha papeleta por socio. O prazo rematará o martes 21 de novembro ás 18:00h
O sorteo terá lugar na sala de TV do Liceo o vindeiro martes 21 de novembro ás 19:30h
A lista de agraciados será publicada nos taboleiros de anuncios e nas redes sociais ao remate do mesmo, e poderán recoller a invitación na conserxería a partir do mércores 22 de novembro.

Comments are closed.

Scroll To Top