Home / Uncategorized / CineClube Liceo de Noia | Mr. Turner
CineClube Liceo de Noia | Mr. Turner

CineClube Liceo de Noia | Mr. Turner

O domingo 25 de outubro ás 20:00h, Cine Clube Liceo de Noia proxectará o filme de Mike Leigh «Mr. Turner», unha biografía sobre o pintor británico, J.M.W Turner (1775-1851). Artista recoñecido, ilustre membro da Royal Academy of Arts, vive co seu pai e o seu fiel ama de chaves. É amigo de aristócratas, visita bordeis e viaxa frecuentemente en busca de inspiración. A pesar da súa fama, tamén é vítima das burlas do público e do sarcasmo da sociedade. Profundamente afectado pola morte do seu pai, decide illarse. A súa vida cambia cando coñece a Mrs Booth, propietaria dunha pensión familiar a beiras do mar.

Colaboración económica: 2 euros

 

Comments are closed.

Scroll To Top