Venres 6 de marzo ás 21:30 h e domigo 8 de marzo ás 20:00 h
Sinopse: Dous mozos, El Niño e El Compi, queren iniciarse no mundo do narcotráfico no estreito de Xibraltar. Risco, emocións e moito diñeiro para quen sexa capaz de percorrer esa distancia nunha lancha cargada de hachis que voa sobre as ondas. Xesús e Eva son dous axentes da Policía antidroga que levan anos tratando de demostrar que a ruta do hachix é unha das principais vías de penetración da cocaína en Europa. O seu obxectivo é El Inglés, o home que move os fíos dende Xibraltar, que é a base de operacións. A crecente violencia das advertencias que reciben indícalles que van por bo camiño. O destino destes personaxes, fóra e dentro da lei, rematan por cruzarse.
Reparto: Luis Tosar, Jesús Castro, Eduard Fernández, Jesús Carroza, Sergi López, Bárbara Lennie, Moussa Maaskri, Ian McShane, Luis Motilla, Mariam Bachir, Saed Chatiby, José Manuel Poga
Ano: 2014
Duración: 135 min.
Premios: 4 Premios Goya: 16 nominacións incluíndo mellor película.
Colaboración económica: 2 € – Non recomendada para menores de 16 anos